 |
| |
|
Christian comezou no mundo da música hai 14 anos. Pinchou en numerosas salas dentro e fóra da Coruña.
A súa faceta como Dj-Locutor empeza no verán do 95, colaborando en varios programas, ata que en febreiro do 96 consegue o seu propio programa nunha emisora local. É residente dende 1999 da sala máis importante de Galcia: LP45 (www.lp45.com),a súa experiencia en radio e no mundo da música de baile faino un candidato perfecto para vivir unha noite distinta e espectacular.A súa fama e a súa técnica fan que sexa un dos DJ´s máis reclamado polas súas sesións e produccións tanto na súa terra coma no País Vasco. Christian dedicou estes últimos anos ao xa desaparecido grupo de música progressive SONIKO-dB. Comeza agora unha nova etapa co lanzamento do seu 6º disco e 1º en solitario como CHRISTIAN SONIKO, un maxi con dous cortes 100% Progressivos titulados "Let's Kick It !" e "Move Your Feet", tamén dirixe e produce o seu propio programa de radio (Factoria Progressiva) dentro do "Dance Factory" nos 40 Pincipais Coruña. DEEJAY Oficial das festas STANTON para todo o País.Esta é a relación dalgunhas das salas galegas onde pinchou: Tonos (Boiro), Pirámide (Portonovo), Slava (Cee), Factory (Vigo), Oliver (Vigo), Canelas (Portonovo), Queen (Porriño), Sonyca (Caldas de Reis), Hermo (Muimenta), Clip (Cangas), Mami (Ourense), Glass (Ponteceso), Tatoo (A Estrada), Marabilla (Valdoviño), Positiva (Baio), Planet (Lalín) Ink (Narón), Lesothum (A Cañiza),Arvenop (Pontevedra),Zona Zulú (As Pontes), Static (Pontecandelas - Pontevedra) etc. e estas son algunhas das salas nas que actuou fóra de Galicia: IN (Alcorcón - Madrid), JazzBerri (Guipúzcoa), Columbus (Bilbao), Venecia (Guipúzcoa), Dcibelia (San sebastian), N.O.N (Bilbao) MISSION 439 (Guipúzcoa)...É un dos encargados da sesión Progressive do recompilatorio PROFESSIONAL DJS in Session 2006, nomeado na categoría de mellor PRODUTOR PROGRESSIVE 2006 (revista DJ1), nomeado como mellor DJ PROGRESSIVE & HARDSTYLE pola revista DJ1 nos DJ ONERS 2007. Representante Progressivo de Galicia en todo o territorio nacional grazas á súa efectividade, sendo o seu carácter, dentro e fóra da cabina, a clave que completa o éxito entre os seus seguidores. |
|
|
| _____________________________ |
| |
|